Noticias


martes, 20 de junio de 2017 Agrela recibe a Antonio Fontenla e Marina Graña, da Confederación de Empresarios de La Coruña

Representantes da Asociación de Empresarios de Agrela recibiron este martes 20 de xuño, nas instalacións da entidade, o presidente e a secretaria da Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), Antonio Fontenla e Mariña Graña, para compartir un almorzo de traballo, co obxectivo de manter o contacto e a sinerxia entre ámbalas dúas entidades.

En representación da nosa Asociación, entidade que forma parte da CEC, acudiron ao almorzo o presidente, José Antonio López; o vicepresidente, Eduardo Diz; e os vogais Carlos Martínez, Ana López e Eva Brea; así como a xerente, Teresa Firvida. 

Entre outras cuestións, os representantes de ámbolos dous colectivos empresariais trataron demandas fundamentais para o Polígono e a cidade, aunando esforzos para traballar en común por resolver importantes problemáticas, como as relacionadas con temas de mobilidade.


 

Na imaxe superior, de esquerda a dereita, Marina Graña, secretaria da CEC; Teresa Firvida, xerente de Agrela; José Antonio López, presidente da Asociación de Empresarios de Agrela; Antonio Fontenla, presidente da CEC; Eduardo Diz, vicepresidente de Agrela; e Carlos Martínez, vogal de Agrela. De costas á cámara, Manuel González, da Asociación de Prensa; e Ana López e Eva Brea, vogais de Agrela. Na imaxe inferior vemos de fronte a Ana López, Eva Brea e Manuel González.



Enlaces relacionados